OMIX Sada

A Oficina da Xuventude é a principal infraestrutura da Concellería de Mocidade.

Reserva centro lecer

 

Lugar de encontro para a mocidade onde atoparás  rede WiFi , TV futboín, xogos e moito máis.

O primeiro que terás que facer é darte de alta como usuario. Para iso os teus titores legais deberán realizar o rexistro de alta na Omix cos teus datos persoais cubrindo o Anexo I.

 Accede ao sistema de reservas

Servizos oficina municipal de información xuvenil

  • Atención persoal, telefónica e por correo electrónico.
  • Programación de actividades e formación.
  • Campañas informativas de interés para a mocidade.
  • Xestión de distintos programas da Xuventude.
  • Reservas local xuvenil autoxestionado.
 
 Canal whatsApp OMIX
 Instagram OMIX Sada
 Facebook OMIX Sada

 

Localización e contacto

Avenida da Mariña 46, - 15160 (Sada)

Como chegar

  981 620 331

  665 851 262

omixsada@gmail.com 

www.sada.gal/omix

Horario atención ao público

Luns a venres: de 9:00-14:00 e de 16:00 a 18:00.

Verán (15 de xuño-15 setembro): luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

Actualidade

ESCOLAS DE VERÁN 2024

29 / ABR / 2024

A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta das Escolas de Verán 2024. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

COMPARTIR EN:

SADA CELEBRA A COPA DEPUTACIÓN DE BALONMÁN NA RÚA ...5X5

26 / ABR / 2024

Sada acollerá do 3 ao 5 de maio a segunda edición do campionato “BALONMÁN NA RÚA 5X5". A rapazada interesada pode inscribir xa o seu equipo

COMPARTIR EN:

Concello de Sada e Sargadelos asinan o convenio qu...e permitirá un ano máis a apertura da piscina do Castro, a Pía do Loureiro

26 / ABR / 2024

O obxectivo do Concello é que a piscina poida estar aberta ó público a comezos de verán e ata mediados de setembro. O Concello xa comezou os primeiros traballos de limpeza da contorna para preparar a infraestrutura para a súa apertura

COMPARTIR EN:

PREMIOS LUGRÍS FREIRE DA XVII MOSTRA DE TEATRO DE ...SADA

22 / ABR / 2024

Onte, domingo 21 de abril, rematou a XVII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, coa entrega dos premios Lugrís Freire e a representación da obra "Melocotón an Almibar" da compañía sadense Teatro Artesán. De entre as 36 solicitudes presentadas a concurso, as catro compañías que foron seleccionadas para a Mostra máis a seleccionada para o día de peche, recibiron un premio fixo de 800€. O premio do xurado recaeu en "De marzo a marzo" da compañía Opaí Teatro (Ferrol) que recibiu unha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ para impulsar os seus futuros traballos. Pola súa banda, o público valorou de forma maioritaria a obra "Até logo, Mari Carmen" da compañía Caixón de Xastre (A Coruña) quen tamén foi obsequiada cunha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ que sen dúbida contribuirán á creación de novos proxecto

COMPARTIR EN:

VISITA GUIADA Á TELVA

22 / ABR / 2024

Desde Coawa, impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC, ponse a disposición da cidadanía unha visita guiada na planta potabilizadora de A Telva e a contorna do Río Mero (Sigras, Cambre) o martes 7 de maio.

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada publica unha Oferta Pública de ...Emprego de oito prazas para distintos grupos

19 / ABR / 2024

A metade da oferta está reservada ó reforzo do cadro de persoal da Policía Local

COMPARTIR EN:

LER CONTA MOITO: OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA INFAN...TIL

15 / ABR / 2024

Obradoiro de banda deseñada infantil na Biblioteca Municipal para o alumnado do CEIP Sada e Contornos o luns 22 de abril

COMPARTIR EN:

CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

04 / ABR / 2024

O venres día 12 de abril ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos.

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada propón a Sargadelos a sinatura ...de dous convenios para a apertura da Pia do Loureiro e do Museo Carlos Maside

22 / MAR / 2024

Para a apertura da piscina o Concello trasladou a Sargadelos o compromiso para executar unha serie de melloras, así como a asunción do mantemento e gastos derivados do seu uso. O goberno local amosou a Sargadelos o seu firme compromiso para que o importante patrimonio artístico e cultural que atesoura o Museo Carlos Maside sexa accesible á cidadanía, propoñendo un convenio dotado con 15.000 euros para ampliar o horario de visitas

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS